Busco a Jack (Bauer)

Este domingo ás 22.00 horas comeza a quinta tempada de 24, una orixinal serie que parte do feito de que os seus episodios van en tempo real, de xeito...

Jack Bauer
Este domingo ás 22.00 horas comeza a quinta tempada de 24, una orixinal serie que parte do feito de que os seus episodios van en tempo real, de xeito que incluso cando vemos os anuncios no medio dos episodios a historia segue o seu curso, resolvéndose a situación en 24 horas. Curiosamente no último epinodio da cuarta tempada de 24 o seu protagonista, Jack Bauer, tiña que realizar un acto de alta traición para salvar ós EE.UU. de xeito que remataba cunha nova identidade.
Os novos episodios parten do feito de alguén está a atentar contra as vidas da xente que coñecen o feito de que Bauer segue vivo, o que fal volver á acción ó noso axente da UAT (Unidade Anti-Terrorista) favorito, que conta cunha boa tropa de seguidores:
Os protagonistas da quinta tempada de 24
De tódolos xeitos, de querer resumir quen é Jack e do que é capaz, o mellor que se pode facer é lembrar aquela frase que reproducían en Microsiervos: “Jack Bauer podería saír da illa de Perdidos en 24 horas”. Tamén hai que sostén que se Jack Bauer saíse na devandita illa a serie de tería que chamar Atopados.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Jon Secada no Luar

    E se Jon Secada fose un youtubeiro?

    O 13 de setembro foi un día moi especial na Televisión de Galicia xa que volveu á grella da programación o programa Luar contando coa presenza excepcional de Jon...
  • Novo viral da TVG

    Na Televisión de Galicia hai momentos que pasan á historia, como cando en 2007 ao reporteiro Alberto Mancebo unha nena nunha gardería espetou un sonoro «nos pegan» ou cando...
  • Un mundo infernal

    Unha das series de televisión de máis éxito da miña infancia foi Dragones y Mazmorras, da que incluso puidemos ver adaptación en banda deseñada da serie e incluso unha...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...