Wicho fala de YouTube

Xa que lembrei a aparición de Catuxa en Plató Abierto, agora tócalle á segunda aparición de Wicho no mesmo programa, esta vez falando de YouTube: Parte 1: Parte 2:...

Xa que lembrei a aparición de Catuxa en Plató Abierto, agora tócalle á segunda aparición de Wicho no mesmo programa, esta vez falando de YouTube:

Parte 1:

Parte 2:

O que di Wicho (as dúbidas sobre o modelo de negocio de YouTube) xa se vén dicindo dende a creación do sistema, ou sexa, que nunca se soubo cómo se mantería o proxecto a longo prazo, e xa se lle remataron os cartos iniciais e volveron a inxectarlles capital polo que continuarán a dar guerra durante bastantes meses… ¿pero quen garante o futuro do servizo? Como non os merque algunha empresa grande van dados (e as empresas grandes xa teñen servizos equivalentes a YouTube).

Non podo evitar comentar que nesta aparición de Wicho o técnico de son de Localia debía estar de vacacións, porque o micro non para de meter chasquidos e o nivel de audio non se mantén estable. Ou igual estou supondo moito pensando que contaban con técnico de son. Iso si, Wicho ía ben barbeadiño para que non lle botasen bronca na casa 😛

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • A tradución automática invade a tenda de Kindle en galego

    Na miña intervención na pasada edición do LGx15 facía algúns comentarios sobre os tradutores automáticos, dando a entender que facían auténticas desfeitas simplemente porque algúns entenden que son ferramentas...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • PSY segue moi vivo

    Hai moito tempo que o rapeiro PSY non ten un superéxito en YouTube, pero iso non quere dicir que desparecerse ou que estivese quieto, senón que é moi complicado...
  • Supergirl promociona o filme de Wonder Woman

    A pasada noite a serie de televisión de Supergirl despediu a súa segunda tempada, e aproveitaron a ocasión para facer publicidade do novo filme de Wonder Woman protagonizado por...