Catuxa en Localia

Durante a Xantanza estivemos a facer varias coñas sobre pillar cobertura Wi-Fi en distintas zonas para facer encontros máis blogueiros se cabía, polo que empezamos a mencionar sitios curiosos...

Durante a Xantanza estivemos a facer varias coñas sobre pillar cobertura Wi-Fi en distintas zonas para facer encontros máis blogueiros se cabía, polo que empezamos a mencionar sitios curiosos nos que había acceso á Internet sen fíos, coma unha adega preto do Parque de Europa (A Coruña), mentres que a varios dos presentes non nos saía o nome do local no que se facían os encontros que organiza Catuxa con outra xente. Pois ben, o local é a cafetería La Cama, na rúa División Azul, 8, ou sexa, onde diciamos (nunha perpendicular a Juan Flórez).
O asunto é que ó ir mirar ó blog de Catuxa atopei que, ó igual que Wicho, tamén saíu en Localia, e colgou o vídeo na Internet pero nun formato algo raro (a imaxe orixinal tiña que ser 4:3 e amosábase en 16:9) polo que decidín corrixir a relación de aspecto do vídeo e publicalo en Google Vídeo para os que o queiran ver ben:
ACTUALIZACIÓN: A xente de Google estimou que o vídeo non cumpría coas súas normas (supoño que por ter unha mosca dunha canle de televisión) e borrárono do seu sistema (¡manda truco!). Deixo a copia deformada.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS