-
A pasada fin de semana A Revista da TVG emitiu unha reportaxe gravada en Melide sobre a Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, que superou os 120 xogos catalogados, e onte subiron a peza a YouTube, polo que é de xustiza compartila por aquí:...
-
Non sabía que no Saturday Night Live tiñan sketchs clásicos do mundo dos superheroes como os que están a recuperar na súa canle de YouTube, entre os que destaca especialmente o de 1979 que conta con Margot Kidder facendo de Lois Lane, Bill Murray de Superman, Jim Belushi de...
-
Unha campaña promocional do iogur grego de Danone nos EE.UU. está a xuntar a John Stamos, Bob Saget e Dave Coulier, os protagonistas de Padres Forzosos, e o anuncio televisivo que emitirán na Super Bowl xa está dispoñible na Rede: Nos vindeiros días veremos máis anuncios protagonizados polo trío...
-
Cando aínda non rematou na Coruña a liquidación no Media Markt cun 25% de desconto, El Corte Inglés imita as malas prácticas da cadea de electrónica de consumo e anuncia que durante a xornada de hoxe permitirá aforrar o IVE soltando a cousa esa do 21% (cun asterisco) que...
-
¡Unha feira! Hoxe o Media Markt da Coruña parecía ¡unha feira! Moreas de persoas asolagando un establecemento de xeito irracional, mercando calquera cousa porque a tenda está de liquidación por traslado cun 25% de desconto, como se iso fose desculpa dabondo para tirar cos cartos. ¿Acaso non estamos na...
-
Hoxe tivemos unha xornada movidiña na actualidade coruñesa, pois aparte das eleccións para a presidencia do Dépor, anunciouse que o Dolce Vita ía botar o peche o 31 de xaneiro. Non é unha grande sorpresa, pois só quedaban ocupados 9 dos seus 113 locais, e o único negocio importante...
-
Esta mañá avisáronme dunha grande nova para os pertencentes á Xeración Xabarín, xa que USA Today confirmou a nova da que onte deu conta Conan O’Brien a través de Twitter: a serie de televisión de Batman dos anos sesenta protagonizada por Adam West e Burt Ward contará cunha edición...
-
O 28 de febreiro vai chegar a España o filme Her, no que Spike Jonze mete a Joaquin Phoenix na pel dun escritor solitario que inicia unha relación cunha muller virtual (Samantha), para chamar á reflexión sobre o impacto da tecnoloxía no xeito no que nos relacionamos cos demais...
-
Estes días boa parte dos informativos televisivos (e outros medios de comunicación) non paran de falar da vaga de frío que están a padecer nos EE.UU., e como contrapunto, completan a información con supostas imaxes das cataratas do Niágara, que resultan ser de febreiro de 2011, e as fervenzas...
Debe estar conectado para enviar un comentario.