As cataratas do Niágara non están conxeladas

Estes días boa parte dos informativos televisivos (e outros medios de comunicación) non paran de falar da vaga de frío que están a padecer nos EE.UU., e como contrapunto,...

cataratas en 2011

Estes días boa parte dos informativos televisivos (e outros medios de comunicación) non paran de falar da vaga de frío que están a padecer nos EE.UU., e como contrapunto, completan a información con supostas imaxes das cataratas do Niágara, que resultan ser de febreiro de 2011, e as fervenzas tampouco están realmente conxeladas (só é unha pequena trampa coa perspectiva). Non entendo como poden colar ese tipo de bulos nos informativos, cando incluso hai cámaras web que permiten comprobar o estado do Niágara en tempo real.

Se queremos ver a imaxe das cataratas estes días, sen facer moita trampa, teremos imaxes así:

cataratas en 2014

Son imaxes fermosas, pero parece evidente que é practicamente imposible que o enorme fluxo de auga que baixa polo Niágara (3.160 toneladas de auga por segundo) poida chegar a conxelarse. Con consultalo con calquera entendido en física podemos saír de dúbidas.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS