¿Her ou Him?

O 28 de febreiro vai chegar a España o filme Her, no que Spike Jonze mete a Joaquin Phoenix na pel dun escritor solitario que inicia unha relación cunha...

O 28 de febreiro vai chegar a España o filme Her, no que Spike Jonze mete a Joaquin Phoenix na pel dun escritor solitario que inicia unha relación cunha muller virtual (Samantha), para chamar á reflexión sobre o impacto da tecnoloxía no xeito no que nos relacionamos cos demais (lembrando moito ao primeiro episodio da segunda tempada de Black Mirror). Unha película posiblemente pegañenta de máis na que sorprende que Scarlett Johansson poña a voz á moza irreal do filme, pois vese raro que collan a unha actriz que normalmente destaca polo seu físico para ser invisible.

Pero realmente non cito a Her polo que esta película supón, senón polo trailer paródico que vén de estrearse: Him. Se mudamos os roles… ¡como cambia o conto!

Vese que Sam é moito máis realista que Samantha. [icon icon=”0034.png”][/icon]

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • Os Vingadores non iniciaron o lume

    A capacidade de mobilización que teñen os grandes programas de televisión nos EE.UU. non deixa de sorprender, principalmente porque manteñen o seu pulo no tempo, cando en España hai...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...