Bye, Dolce Vita. Hello, sales.

Hoxe tivemos unha xornada movidiña na actualidade coruñesa, pois aparte das eleccións para a presidencia do Dépor, anunciouse que o Dolce Vita ía botar o peche o 31 de...

Pantalla de erro nun punto de información en Dolce Vita

Hoxe tivemos unha xornada movidiña na actualidade coruñesa, pois aparte das eleccións para a presidencia do Dépor, anunciouse que o Dolce Vita ía botar o peche o 31 de xaneiro. Non é unha grande sorpresa, pois só quedaban ocupados 9 dos seus 113 locais, e o único negocio importante en activo era o Media Markt, que xusto esta tarde anunciou que entre os días 22 e 25 de xaneiro ofertará as súas existencias cun 25% de desconto, que é unha das mellores ofertas que podemos atopar en electrónica de consumo por aplicarse a todos os produtos e por ser moito máis que os días sen IVE (aínda que a xente pense que é un 21% de desconto, realmente é o 17,36%).

sección de móbiles do Media Markt

É de esperar que durante a xornada de mañá os clientes acudan á tenda como a marabunta da película de Charlton Heston, arrasando con todo o que teña un prezo atractivo, para que logo queden os restos ata o sábado.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...