-
Esta semana publicouse a entrega nº 12 do podcast Metrópoles Delirantes, ao te tiven o pracer de poder asistir á súa gravación, e que foi bastante variado, indo dende unha vista atrás ao clásico El Eternauta até as últimas novidades da man de Sanmi de Alita Comics, pasando por...
-
Este é un ano histórico para a Internet galega grazas ao nacemento do dominio .gal, que polo momento ten só unha páxina web creada especificamente baixo tal sufixo, e que está a preparar a primeira onda de activacións, que sería dun máximo de 90, e que transcorrerían a partir...
-
O 8 de agosto chegará por fin aos cines o novo filme das Tartarugas Mutantes, que vén de estrear o seu segundo trailer:...
-
Unha divertida curtametraxe amósanos o perigoso que pode ser para un iPhonero abordar a unha rapaza que coñeza as vantaxes de Android e que non se deixe levar polo deseño de Apple: Está visto que para ligar o iPhone xa non farda. Cando menos espero que non se estilen...
-
É normal que advirta de que os produtos que se comercializan a través dos xornais son unha trapallada que non paga a pena, pero no caso do tabletófono Primux Beta que vai ofertar La Voz de Galicia habería que facer precisións, pois hai que admitir que 119 euros +...
-
Tras o rebumbio que se montou nos últimos días tras a censura á que a editorial RBA someteu á revista El Jueves, varios dos autores que deixaron a publicación por dignidade profesional emprenderon un novo proxecto da man de Caramba Comics, a través do que din adeus a Juan...
-
Hai anos que non falo dos mozos de OK Go, pero o seu último vídeo musical, do que sei da súa existencia a través de Microsiervos, fai inevitable lembralos, xa que conseguiron xuntar nunha única peza audiovisual unha chea de ilusións ópticas que sorprenden moito e a algún poden...
-
Levo tempo dicindo que creo que Guardianes de la Galaxia é un filme do que dependerá boa parte do seu éxito da popularidade que consiga gañar nas vindeiras semanas Mapache Cohete, e o último trailer da película parece conformar tal:...
-
Por mor da teima do Goberno de querer regular todo o que escapa do seu control, dirixiron a mirada nas últimas semanas ás redes sociais, polo que dende o diario coruñés La Opinión convidáronnos a debater sobre o tema a tres apaixoados da materia (o avogado Víctor Salgado, o...
Debe estar conectado para enviar un comentario.