Visitando as Metrópoles Delirantes

Esta semana publicouse a entrega nº 12 do podcast Metrópoles Delirantes, ao te tiven o pracer de poder asistir á súa gravación, e que foi bastante variado, indo dende...

Nieves Rodríguez, conductora do Metrópoles Delirantes

Esta semana publicouse a entrega nº 12 do podcast Metrópoles Delirantes, ao te tiven o pracer de poder asistir á súa gravación, e que foi bastante variado, indo dende unha vista atrás ao clásico El Eternauta até as últimas novidades da man de Sanmi de Alita Comics, pasando por un par de interesantes entrevistas nas que descubrimos o álbum Croqueta y Empanadilla de Ana Oncina e o Nordés de Kike Díaz.

Pedro Rey e Nieves Rodríguez posando con Kike Díaz, autor de Nordés

Pedro Rey e Nieves Rodríguez posando con Kike Díaz, autor de Nordés

E de Viñetas desde o Atlántico?

Viñetas desde o AtlánticoCuriosamente ao coincidir con Nieves Rodríguez, Pedro Rey e o Sr. B saíu o tema de Viñetas desde o Atlántico, evento do que naquel momento aínda non se sabía moito, pero do que finalmente temos xa confirmación das datas (do 4 ao 10 de agosto) e, grazas a que a xente das Metrópoles tivo unha conversa esta semana con Miguelanxo Prado, un adianto dos autores convidados á edición deste ano, na que están moitos descoñecidos para min, como Sento Llobell (Un médico novato), Montse Martín (Curiosity Shop), Zidrou (El Cliente), Oriol Hernández (La piel del oso) e Jano (operario), aos que acompañará unha auténtica estrela, Charlie Adlard, o debuxante de Los Muertos Vivientes, colección da que naceu a serie televisiva The Walking Dead. Só por este último autor entendo que se achegarán seareiros da banda deseñada de toda Galicia ao Viñetas deste ano, á vez que conseguirase unha boa cobertura mediática.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Supergirl promociona o filme de Wonder Woman

    A pasada noite a serie de televisión de Supergirl despediu a súa segunda tempada, e aproveitaron a ocasión para facer publicidade do novo filme de Wonder Woman protagonizado por...
  • En Suíza tamén hai cosplay

    Que actualmente hai convencións fikis por todo o mundo non é ningunha sorpresa, pero sorpréndeme non ter escoitado nunca falar da que montan en Basilea, pois «a Comic Con...
  • Novo tráiler de Wonder Woman

    A menos dun mes para a estrea do filme da Muller Marabilla, temos aquí un novo tráiler, que parece querer amosar máis acción, pero continúa sen deixar ver claramente...
  • Novo tráiler da película de Wonder Woman

    Tras varios teasers que foron poñéndonos os dentes longos, por fin temos o novo tráiler do filme de Wonder Woman protagonizado por Gal Gadot. Desta volta amósanos un chisco...