Levo tempo dicindo que creo que Guardianes de la Galaxia é un filme do que dependerá boa parte do seu éxito da popularidade que consiga gañar nas vindeiras semanas Mapache Cohete, e o último trailer da película parece conformar tal:
O que xa me parece máis raro é que, polo que se entende da descripción do vídeo que publica Marvel en España, ao curioso animal falante non lle chamarán á cara Mapache Cohete senón Rocket. Resulta curioso que muden de nome a un personaxe que leva moitos anos saíndo nos comics (aínda que sexa pouco coñecido), pero neste caso entendo que é moito menos ridículo conservarlle o nome en inglés (iso de traducir os nomes pode ter consecuencias moi chungas, como confundirse de animal como aconteceu con Lobezno ou inventar chorradas como o de Dan Defensor para xustificar a dobre D no peito de Daredevil).
Debe estar conectado para enviar un comentario.