Son Tartarugas. Son Ninjas

O 8 de agosto chegará por fin aos cines o novo filme das Tartarugas Mutantes, que vén de estrear o seu segundo trailer: Algo parecen querer deixar claro: Megan...

O 8 de agosto chegará por fin aos cines o novo filme das Tartarugas Mutantes, que vén de estrear o seu segundo trailer:

Algo parecen querer deixar claro: Megan Fox non será a protagonista, senón que as Tartarugas serán as que destaquen en pantalla. De ser así, repartindo dosificadamente a acción poden completar unha película de éxito, aínda que teñamos que aturar o deseño actual dos personaxes coas ventas na cara (algo que non acontecía en ningunha das súas versións debuxadas ou animadas).

E, como colofón, uns :

Fíxome especial ilusión ver a máscara de Ralphie, que é un dos modelos que no seu día puidemos ver en banda deseñada (cando menos nun tomo en branco e negro que teño).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS