Falta pouco para que teñamos un parlamento.gal

Este é un ano histórico para a Internet galega grazas ao nacemento do dominio .gal, que polo momento ten só unha páxina web creada especificamente baixo tal sufixo, e...

Parte da xunta directiva da Asociación PuntoGal con representantes do BNG

Este é un ano histórico para a Internet galega grazas ao nacemento do dominio .gal, que polo momento ten só unha páxina web creada especificamente baixo tal sufixo, e que está a preparar a primeira onda de activacións, que sería dun máximo de 90, e que transcorrerían a partir do 25 de xullo, como un xeito moi especial de celebrar o Día de Galicia, e coa peculiaridade de que estes dominios .gal serán os únicos que poidan presumir de tal condición até o mes de decembro, cando o dominio pasará a funcionar como o .es, o .com e moitos outros (ou sexa, que o seu rexistro será aberto, atendéndose as solicitudes por orde de chegada).

a directiva da Asociación PuntoGal no Parlamento de GaliciaPero esta mañá vivimos dende a Asociación PuntoGal un bo momento, xa que recibimos o apoio explícito do Parlamento de Galicia, que a través dunha declaración institucional animou ás entidades galegas a involucrarse no novo dominio de Internet e declarou a súa vontade de figurar entre os primeiros 90 dominios .gal.

Temos que agradecer ao BNG a iniciar o trámite para esta declaración institucional dende o seu grupo parlamentario, á vez que cómpre destacar a nosa satisfacción porque todas as forzas políticas galegas coincidan en ver positivamente que teñamos un dominio como bandeira da nosa comunidade na Rede.

Dá algo de vertixe ver como vai rematando este proceso, xa que tardamos máis de 7 anos en chegar aquí, e ver que en menos de medio ano chegaremos ao noso destino dá a impresión de que estamos ante o remate do camiño, aínda que realmente esteamos ante o inicio dunha nova aventura na que entre todos debemos procurar consolidar unha presenza da nosa cultura e sociedade na Internet.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS