• Lectores de DNI electrónico por 2 euros

    O Ministerio de Industria a través de Red.es e en colaboración con Tractis está a repartir dende hoxe un total de 300.000 lectores de DNI electrónico cobrando só polos mesmos 2 euros en concepto de gastos de envío (estes trebellos custan normalmente entre 18 e 42 euros). Dende aquí...
  • Receptor de TDT de pago de Airis: ¿en promoción?

    O vindeiro domingo o diario El Mundo distribúe unha cartilla para poder acceder a unha suposta promoción na que, tras xuntar 20 cupóns, pódese mercar un receptor de TDT compatible coa TDT de pago por 69,90 euros, incluíndo a tarxeta de subscrición e un mes de abono a Gol...
  • Os lectores de libros electrónicos buscan oco

    Esta fin de semana, no Expreso de medianoite da Radio Galega falei con Pepe Carreira do que eran os lectores de libros electrónicos: Coido que este tipo de trebellos están chamados a ser unha moda, ou sexa, que no futuro existirán coma dispositivos multi-propósito, ora integrados en teléfonos móbiles,...
  • ¿Qué ordenador mercar? ¿Portátil ou sobremesa?

    Hoxe en Bos Días falamos da difícil elección á hora de mercar un ordenador. A xente tende a deixarse levar por modas ou a estética, e esquece as súas necesidades reais. Para min, o ideal é ter un bo ordenador de sobremesa (ampliable e doado de arranxar) e complementalo...
  • Unha oportunidade perdida esta noite en Cuatro

    Ás 22:15 horas Cuatro emitirá a película Scary Movie á que seguirá ás 00:15 horas Planet Terror, o que considero que é unha mágoa, pois esta última película forma parte de Grindhouse, proxecto conxunto de Robert Rodríguez e Quentin Tarantino, no que pretendían replicar a fórmula da sesión dobre...
  • Emily Elbert mete medo versionando a Michael Jackson

    En Synthtube fan unha recompilación de versións de temas de Michael Jackson feitas por rapaces de todo o mundo, de xeito que afeccionados á música e futuras estrelas renden homenaxe ao Rei do Pop interpretando as súas cancións dun xeito popular. Podemos escoitar así unha curiosa reinterpretación de Black...
  • Os discos duros multimedia digievolucionan

    O outro día pedíronme consello sobre mercar un disco duro multimedia, e diven que facer algo sen precedentes: detallar que hai unha grande diversidade de trebellos que xa non son tan básicos como hai un ano, senón que agora tamén inclúen alta definición de verdade e gravación de televisión,...
  • Bos Días á TDT de pago

    Esta mañá participei en directo no programa Bos Días da TVG, colaboración que nun principio ten vocación de semanal, e que comezou co asunto ese da TDT de pago: A ver cómo vai quedando a sección. Espero non aburrir moito á audiencia habitual do programa. Polo momento o único...
  • Libro de ilustracións para nostálxicos do Spectrum

    En febreiro de 1987, tras unha operación de vesícula biliar, regaláronme un ordenador ZX Spectrum +2, e ese acontecemento marcou o meu futuro levándome finalmente ao sector da Informática, pero nalqueles primeiros anos os ordenadores eran máis inocentes, e a súa principal actividade era a de servir de dispositivos...