Emily Elbert mete medo versionando a Michael Jackson

En Synthtube fan unha recompilación de versións de temas de Michael Jackson feitas por rapaces de todo o mundo, de xeito que afeccionados á música e futuras estrelas renden...

Emily ElbertEn Synthtube fan unha recompilación de versións de temas de Michael Jackson feitas por rapaces de todo o mundo, de xeito que afeccionados á música e futuras estrelas renden homenaxe ao Rei do Pop interpretando as súas cancións dun xeito popular. Podemos escoitar así unha curiosa reinterpretación de Black or White, unha versión instrumental e outra acústica de Man In The Mirror e, finalmente, un tema dunha cantante que descoñecía, Emily Elbert, que leva Thriller ao acústico dun xeito maxistral:

Con esa voz non creo que teña moito problema en labrarse unha carreira musical, e de seguro que esta homenaxe a Michael Jackson vai facer que moitos a coñezan, de xeito que a súa aventura de autoedición discográfica poida prosperar ata caer nun selo que a promocione coma cantante.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS