¿Qué ordenador mercar? ¿Portátil ou sobremesa?

Hoxe en Bos Días falamos da difícil elección á hora de mercar un ordenador. A xente tende a deixarse levar por modas ou a estética, e esquece as súas...

Hoxe en Bos Días falamos da difícil elección á hora de mercar un ordenador. A xente tende a deixarse levar por modas ou a estética, e esquece as súas necesidades reais. Para min, o ideal é ter un bo ordenador de sobremesa (ampliable e doado de arranxar) e complementalo cun ultraportátil para poder levalo a todas partes, xa que os portátiles ordinarios son cada vez menos portátiles (cargar cun equipo con pantalla de 17 polgadas é moi incómodo). De todos os xeitos tampouco faltan os usuarios que apostan por equipos todo-en-un, que ocupan pouco no escritorio e incluso son doados de transportar.

Continuamos coa inauguración do consultorio tecnolóxico, co que quedei moi sorprendido, pois a primeira pregunta foi moi técnica, e a segunda demasiado difícil de concretar en pouco tempo (son moitos os elementos a ter en conta á hora de elixir entre Mac ou PC):

O que tampouco podo evitar comentar é que ao volver de Santiago a Coruña aconteceume algo curioso na peaxe da autopista: o home que atendía a caseta quedou petrificado despois de que pagase, e finalmente preguntoume se era o que falara de informática no Bos Días. ¡Menuda risa botei! É a primeira vez que un descoñecido coméntame que me viu na tele.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS