Receptor de TDT de pago de Airis: ¿en promoción?

O vindeiro domingo o diario El Mundo distribúe unha cartilla para poder acceder a unha suposta promoción na que, tras xuntar 20 cupóns, pódese mercar un receptor de TDT...

Receptor de TDT Premium de Airis
O vindeiro domingo o diario El Mundo distribúe unha cartilla para poder acceder a unha suposta promoción na que, tras xuntar 20 cupóns, pódese mercar un receptor de TDT compatible coa TDT de pago por 69,90 euros, incluíndo a tarxeta de subscrición e un mes de abono a Gol Televisión.
¿Por qué digo que isto é unha suposta promoción? Pois por varios motivos:
– Os receptores non comezarán a distribuirse ata o 4 de novembro (polo que os interesados no fútbol perderanse bastantes partidos agardando)
– A promoción compromete a subscribirse por un mínimo dun ano a Gol Televisión (pagando 14,90 euros + IVE ao mes)
– O receptor de Airis é dos máis básicos, ou sexa, que nas tendas será posible atopar outros equivalentes a un prezo de entre 65 e 75 euros.

En definitiva, que esta oferta de El Mundo non supón un aforro económico, é incómoda (hai que andar coleccionando cupóns durante preto dun mes, facer a súa reserva e ir buscar o trebello a un punto de distribución autorizado) e os prazos de entrega dos receptores non están garantidos (a súa distribución comeza o 4 de novembro), polo que é moi probable que neses prazos os receptores de TDT coa tarxeta de Gol Televisión incluída xa non sexan un produto difícil de atopar nas tendas, de xeito que só recomendo esta promoción a masoquistas.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS