Lectores de DNI electrónico por 2 euros

O Ministerio de Industria a través de Red.es e en colaboración con Tractis está a repartir dende hoxe un total de 300.000 lectores de DNI electrónico cobrando só polos...

Lectores de DNI electrónico distribuídos por TractisO Ministerio de Industria a través de Red.es e en colaboración con Tractis está a repartir dende hoxe un total de 300.000 lectores de DNI electrónico cobrando só polos mesmos 2 euros en concepto de gastos de envío (estes trebellos custan normalmente entre 18 e 42 euros).
Dende aquí quero instarvos a solicitar o voso propio dispositivo xa que no futuro pode resultar de utilidade. Trátase dun trebello que se conecta ao PC por USB e no que podemos inserir o noso DNIe (se non o tedes, tranquilos, que ao renovar o voso documento nacional de identidade daranvos un deste tipo) para identificarnos a través da Internet e poder presentar a declaración do IRPF, consultar os puntos do noso permiso de conducir e facer distintos trámites coa Administración e, posiblemente, poder acceder á nosa conta bancaria ou a algunha plataforma de comercio electrónico sen ter sequera que teclear o noso nome de usuario.
Moitos destes trámites poden facerse xa hoxe mediante a descarga dun certificado dixital, pero mediante o DNIe o proceso é máis cómodo e seguro, garantindo que ninguén pode suplantar a nosa identidade no noso equipo se o noso DNI non está conectado ao PC.
No momento de escribir estas liñas estaban esgotados os lectores asignados ás comunidades autónomas de Madrid, Cataluña, País Vasco e Aragón. ¡Bulide, galegos! ¡Pedide o voso lector de DNIe! Só tedes que picar no anuncio que teño no lateral do blog para ir ao formulario correspondente.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...