-
Aínda que dende Melide é posible recibir as canles de TDT de Santiago de Compostela, moitos consideran como canle local DezTV, que viña operando dende Lalín, e que agora múdase a Silleda: Descoñezo se tal traslado afectará á cobertura da actualidade melidense. Polo momento limítome a desexar moita sorte...
-
Non somos poucos os que coñecemos a Jesús Martínez del Vas (JMV) pola tira cómica que acompañaba nos anos 90 á Gaceta Universitaria, para seguir logo os seus pasos con grandes creacións como o alieníxena BOK, e actualmente é igual de brillante coas súas tiras de Caos en la...
-
Chegou o día. Esta noite emítese o capítulo 74 do que para min foi a serie revelación da TVG nos últimos anos, Matalobos, e que porá fin a unha historia que tivo a milleiros de galegos pegados ao televisor todos os martes. Aínda que digan que estamos ante o...
-
O pasado sábado despois de xantar vimos na TVG o programa A Vida do Mercado, e fixámonos moito para ver se aparecei o posto do meu curmán Manolo (a Cortadoría Fina), pois normalmente non gusta de que o graven os da televisión, polo que sorprendeunos moito ver que ao...
-
A Real Academia Galega (RAG) estreou hoxe páxina web, o que é unha nova moi importante para a nosa lingua, non só porque teñamos agora unha fiestra aberta a unha institución centenaria que serve para visibilizala, senón porque integra un dicionario en liña que agradecerán todos os que escriban...
-
Hoxe recibín por correo electrónico o cartel da última iniciativa que argallaron en Melide, e da que xa deu conta o Concello hai uns días: A Concellería de Promoción económica xunto con ASETEM organizará a I feira de vodas da comarca Terra de Melide. A concellería de Promoción económica...
-
A frecuencia de novas sobre Melide na páxina web de La Voz de Galicia segue a deixar moito que desexar, e cada vez que sae algo é para pórse a tremer. Hoxe tocoulle á situación do río Furelos, que dá bastante peniña por culpa da chuvia que non chega:...
-
Xa está aquí a reformulación de Tierras de Santiago en Terras de Santiago, e aínda que a súa páxina web fique coa marca e o dominio anterior (supoño que solucionarano ao longo da semana), podemos dar a benvida a un novo medio en galego, dirixido por Juan Salgado, e...
-
A finais de setembro do ano pasado o diario El Correo Gallego decidiu deixar de publicar as novas íntegras na súa páxina web, remitindo aos usuarios á súa edición impresa, o que entendo que é como pegar un tiro nun pé (semella máis atinado reforzar a presenza nos novos...