2 Abril, 2012
O pasado sábado despois de xantar vimos na TVG o programa A Vida do Mercado, e fixámonos moito para ver se aparecei o posto do meu curmán Manolo (a Cortadoría Fina), pois normalmente non gusta de que o graven os da televisión, polo que sorprendeunos moito ver que ao final o entrevistaran, comportándose tan natural coma sempre:
Sobra dicir que as morcillas e os roxóns que ten o meu curmán no posto son do mellor do mundo. Cando viña a miña avoa a Melide, eu adoecía polas morcillas que traía de Compostela, pero recoñezo que os roxóns tamén estaban ricos; aínda que recoñezo que cando eramos cativos, o meu irmán e mais eu dabamos máis mérito ás bolsas de Rufinos cos que nos recibía a avoa ao baixar do autobús. 😉