Epichode V: El Imperio se pone chusco

Non somos poucos os que coñecemos a Jesús Martínez del Vas (JMV) pola tira cómica que acompañaba nos anos 90 á Gaceta Universitaria, para seguir logo os seus pasos...

Non somos poucos os que coñecemos a Jesús Martínez del Vas (JMV) pola tira cómica que acompañaba nos anos 90 á Gaceta Universitaria, para seguir logo os seus pasos con grandes creacións como o alieníxena BOK, e actualmente é igual de brillante coas súas tiras de Caos en la redacción para 233grados.com:
Caos en la redacción
Pero non se limita a facer tiras, senón que na súa carreira, JMV tamén fixo comics completos parodiando grandes sagas como El Señor de los Anillos e Star Wars, pero no último caso quedou atrancado na cuarta entrega e agora quere embarcarse no Epichode V, que leva por título El Imperio se pone chusco, e para facelo decidiu emprender un proxecto de crowdfunding en Verkammi.
Epichode IV
En que consiste esta leria. Por trátase en que quen queira contribuír a que o Epichode V convértase en realidade poderá facer unha achega económica de entre 1 e 300 euros, con distintas contraprestacións. Así, os mecenas que paguen 5 euros poderán recibir un exemplar do cómic asinado polo autor (eu xa teño un BOK asinado, jeje) e, de engadir máis cartos ao proxecto poderanse recibir copias en dixital das primeiras entregas da saga, copia en papel da cuarta entrega, caricaturas feitas por JMV, páxinas orixinais da obra e incluso a posibilidade de protagonizar un cómic dunha páxina na que poder dicirlle catro cousas a George Lucas. ¡Un soño feito realidade para moitos! 🙂
Epichode V
Jesús pretende xuntar 1.900 euros para facer viable esta iniciativa, e cando aínda quedan 31 días para que remate a captación de fondos xa conseguiu xuntar 1.506 euros, polo que parece que non haberá problema en superar este reto, para dar continuidade a unha saga nacida en 2001, e que cada vez está máis próxima da súa fin.
Tira con Han Solo

primeira páxinaJMV non quixo agardar a ter os cartos para comezar a debuxar, e xa ten feita unha páxina da nova obra que pretende estar rematada en xullo e que chegaría ás tendas en setembro. Xa falta menos para poder gozar das novas aventuras de Jovijuan, o mestre Yodo, Skaiguolker e compañía… ¡animádevos a colaborar!
Non podo evitar comentar que tiven certo trato con JMV hai máis dunha década, de cando fixemos a revista Dreamers editada por Boxx Press, e a xenerosidade de Jesús foi tremenda, cedendo sen reservas material para a súa publicación (concretamente 2 tiras e unha páxina de El Señor de los Panchitos). Por desgraza non fumos quen de manter a publicación viva, pero poder contar con artistas como JMV, Quim Bou, Javim, Fonollosa ou Roger Tallada foi toda unha honra. Unha mágoa que a comunidade que existía ao redor de Dreamers.com perdese folgos… aínda que o bo é que agora os frikis xa non estamos en guetos virtuais, senón que temos a Rede invadida como unha plaga 😛

Podedes seguir a evolución do proxecto do Epichode V a través do seguinte widget:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS