Nokia Lumia 920: unha cámara que marca a diferenza

Moito se falou nos últimos meses da cámara PureView do Nokia Lumia 920, e aínda que para pola a proba usei un smartphone sen actualizar (a versión de Windows...

Moito se falou nos últimos meses da cámara PureView do Nokia Lumia 920, e aínda que para pola a proba usei un smartphone sen actualizar (a versión de Windows Phone 8 chamada Portico mellora substancialmente as fotografías no Lumia 920) hai que recoñecer que dende Nokia acertaron ao evitar a guerra dos megapíxeles (quedando nos 8,7 Mpíxeles, que é máis que a media, pero está lonxe dos 13 Mpíxeles dos últimos sensores de Sony) e incluír un estabilizador óptico de imaxe que permite principalmente dúas cousas: gravar vídeo sen que maree o movemento e poder tomar imaxes menos borrosas co móbil (especialmente con pouca luz).

Precisamente para pór a proba a cámara decidín botarme hai unhas semanas a iso das 18:30 horas, ou sexa, entre lusco e fusco, cunhas condicións que moi lonxe de seren óptimas para disparar fotografías sen flash, e así poder comparar a cámara do meu vello Nexus One coa do novo móbil de Nokia.

Primeiro enfoquei ao edificio onde está o ximnasio de Matogrande, que estaba xa coas luces prendidas no seu interior e nos seus rótulos luminosos. Pode comprarase así como o Lumia 920 consegue unhas cores bastante realistas e unha aparencia natural pese a haber pouca luz, á vez que tamén consegue enfocar bastante ben os rótulos do edificio e incluso un coche que pasa pola rúa, elementos que coa cámara do Nexus One quedan francamente mal, como podedes comprobar a continuación:

Máis adiante achegueime ao American Corner, e fotografei unha das efixies que adornan a súa entrada, volvendo a presentarse unha diferenza notable en cores e enfoque:

Pero xa adianto que con esas imaxes non da fe a calidade da cámara do Lumia 920. Onde si notei a mellora fronte a outras cámaras foi ao retratar, por exemplo escenas familiares (que non podo reproducir aquí por motivos evidentes) e incluso cheguei a sacar unha fotografía dunha curmá pequena durmindo, para o que non podía disparar o flash e había tan pouca luz que a pantalla do móbil víase en negro… ¡e a fotografía saíu! Non será como para enmarcar, pero poder capturar certos momentos resulta impagable.

Nuns días

publicarei máis imaxes xa coa actualización do Lumia 920 e en lugares públicos, para que poidades ver a calidade real da cámara dun móbil que aínda que non chegue á altura dunha réflex ou unha bridge, chega a superar a algunhas cámaras compactas, especialmente á hora de gravar vídeo, que é o tema que abordarei mañá, e como anticipo, velaquí unha fotografía que tomei antes da gravación (e que convídovos a ver en grande):
galos en Melide

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS