A trinidade do Windows Phone 8

Despois de comentar que o Nokia Lumia 800 fixo espertar en min esperanzas sobre a plataforma Windows Phone 8, levándome a decidir que o meu vindeiro smartphone ía levar...

Despois de comentar que o Nokia Lumia 800 fixo espertar en min esperanzas sobre a plataforma Windows Phone 8, levándome a decidir que o meu vindeiro smartphone ía levar o sistema operativo de Microsoft (decisión moi dura agora que os móbiles con Android 4.1 están a ter unhas prestacións impresionantes), toca facer un repaso dos 3 grandes móbiles que chegarán ao mercado a partires do 29 de outubro (o normal é que vaian chegando a España escalonadamente durante o mes de novembro).
O móbiles insignia de Nokia, HTC e Samsung son moi semellantes en prestacións, con grandes pantallas (para a xente afeita a móbiles con paneis de 3,5 ou 3,7 polgadas, superar as 4 polgadas resúltalles un salto de xigante), procesador de dobre núcleo, 1 Gb de RAM, Bluetooth, Wi-Fi N, NFC… Pero o demo está nos detalles:
[pricing]

[pricing_column]
[pricing_column_name]Nokia Lumia 920
[/pricing_column_name]
[line]Pantalla de 4,5″
1.280 x 768 píxeles
PureMotion HD+[/line]
[line]Cámara de
8,7 Mpíxeles
PureView[/line]
[line]Almacenamento
interno: 32 Gb[/line]
[line]Batería de
2.000 mAh
[/line]
[line]Grosor de
10,7 mm[/line]
[line]Peso de
185 gramos[/line]
[line]Carga indutiva[/line]
[price comment=”prezo estimado”]649,90 €[/price]
[line]Prezo en The
Phone House
[/line]

[/pricing_column]

[pricing_column]
[pricing_column_name]HTC Windows Phone 8X
[/pricing_column_name]
[line]Pantalla de 4,3″
1.280 x 720 píxeles
Gorilla Glass 2[/line]
[line]Cámara de
8 Mpíxeles
Grande angular[/line]
[line]Almacenamento
interno: 16 Gb[/line]
[line]Batería de
1.800 mAh
[/line]
[line]Grosor de
10,12 mm[/line]
[line]Peso de
130 gramos[/line]
[line]Beats Audio[/line]
[price comment=”prezo estimado”]599 €[/price]
[line]Prezo previsto
pero non oficial[/line]

[/pricing_column]

[pricing_column]
[pricing_column_name]Samsung ATIV S
[/pricing_column_name]
[line]Pantalla de 4,8″
1.280 x 720 píxeles
Super AMOLED[/line]
[line]Cámara de
8 Mpíxeles
[/line]
[line]Almacenamento
interno: 16/32 Gb[/line]
[line]Batería de
2.300 mAh
extraíble[/line]
[line]Grosor de
8,7 mm[/line]
[line]Peso de
135 gramos[/line]
[line]microSD (SDXC)[/line]
[price comment=”prezo estimado”]549 €[/price]
[line]Podería custar
como o Galaxy S III[/line]
[/pricing_column]

[/pricing]
Os prezos parece que serán os que decidan o trunfo destes móbiles tan parellos en prestacións, pois aparte do seu prezo libre, é de agardar que os operadores de telefonía móbil intenten facerse con algún dos mesmos en exclusiva ou cun prezo especialmente agresivo. Pero mentres non se coñecen as condicións nas que chegarán ao mercado, nin se detallan algunhas das súas prestacións (especialmente a nivel de software, onde é de agardar que teñan diferenzas), podemos concluír que o Nokia Lumia 920 é o terminal ideal para quen busque unha boa cámara (con PureView a cámara conta cun estabilizador de imaxe físico, que fai que non teña rival á hora de disparar imaxes con pouca luz ou gravar vídeo mentres nos movemos), queira a garantía que supón Nokia na plataforma Windows Phone (é de agardar que nos vindeiros meses goce de aplicacións exclusivas para a familia Lumia) e busque algo innovador (o sistema de carga sen cables que inclúe o Lumia 920 é un detalle bastante rechamante); o HTC Windows Phone 8X resultaría especialmente indicado para que busque un móbil con Windows Phone 8 que sexa relativamente compacto, pero sen prescindir de calidade (a súa pantalla, pese a ser a máis cativa dos 3 terminais, consegue manterse no rango da alta definición); e o Samsung ATIV S consegue presumir da pantalla de maior tamaño á vez que mantén na mínima expresión o seu peso e grosor, o que completa cunha excelente batería e a posibilidade de ampliar a súa memoria interna con tarxetas de ata 64 Gb, o que o convertería no terminal de referenza se non fose porque non deixa de parecer un Samsung Galaxy S III, o que réstalle moita personalidade e confianza (o éxito de Samsung está tan asociado a Android que non dá a impresión de que vaian a dedicar moitos esforzos á plataforma móbil de Microsoft).
En definitiva, que haberá que agardar a que os móbiles sexan reais e poidan tocarse para poder decidir entre eles. ¿Resultará moi pesado o Lumia 920 na man? ¿Será demasiado grande a pantalla do ATIV S? ¿Conseguirá HTC convencer coa súa nova aposta por Windows Phone? En poucas semanas saberemos as respostas.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...