La Voz de Galicia distribuirá a serie Matalobos en DVD a partires do domingo

O vindeiro domingo La Voz de Galicia vai permitir aos seus lectores adquirir por 2,50 euros adicionais o DVD cos 2 primeiros capítulos da serie Matalobos titulados Un vencello...

O vindeiro domingo La Voz de Galicia vai permitir aos seus lectores adquirir por 2,50 euros adicionais o DVD cos 2 primeiros capítulos da serie Matalobos titulados Un vencello para toda a vida e O negocio familiar.

Deste xeito comeza unha colección semanal que continuará ata o 6 de xaneiro de 2013 para completar a primeira tempada dunha serie que fixo historia na TVG, converténdose nunha das pezas audiovisuais mellor recoñecidas polo público e a crítica, grazas en boa medida á idea orixinal de Carlos Portela e á magnífica interpretación de Luís Iglesia.

Ata o momento os grandes éxitos da ficción televisiva galega limitábase a comedias (Mareas Vivas, Padre Casares…) e algún dramón puntual (A vida por diante), polo que a boa acollida de Matalobos foi toda unha sorpresa e, pese a que a segunda tempada remataba co que parecía ser un broche de ouro, finalmente renovaron a serie e a súa terceira tempada está a arrincar con bastante bo pé, aínda que mudando a súa perspectiva (esta volta o rol xornalístico está máis metido na trama). Agardemos que a serie non perda o rumbo e consiga manter o nivel ao que nos ten afeito, e quen queira conservala para a posteridade, xa sabe que pode comezar a coleccionala o vindeiro domingo.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS