¿Carmelo Matalobos en Sin City: Mataría por ella?

A elección de actores para interpretar a personaxes en adaptacións á grande pantalla é toda unha arte, e agora que vexo un dos carteis promocionais da secuela de Sin...

Josh Brolin facendo de Dwight

A elección de actores para interpretar a personaxes en adaptacións á grande pantalla é toda unha arte, e agora que vexo un dos carteis promocionais da secuela de Sin City con Josh Brolin meténdose na pel de Dwight (a quen antes interpretaba Clive Owen) non podo deixar de pensar que ¡estou a ver a Luís Iglesia facendo de Carmelo Matalobos!

Luís Iglesia no papel de Carmelo Matalobos

Porque por Galicia non pasan moitos cazatalentos de Hollywood, que se non xa estariamos ver a Iglesia repartindo estopa nalgunha película de acción algo friki. ¿Alguén dubida que non quedaría de medo nunha peli de Tarantino?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS