O CERN anuncia o achado do Bosón Calixtino

Esta mañá foi moi especial, pois os científicos do CERN convocaron a prensa de todo o mundo para facer un anuncio relativo ás súas investigacións realizados no seu colisionador...

Rolda de prensa no CERN
Esta mañá foi moi especial, pois os científicos do CERN convocaron a prensa de todo o mundo para facer un anuncio relativo ás súas investigacións realizados no seu colisionador de hadróns. Os experimentos dos últimos meses conseguiron achegarse á confirmación da existencia do campo de Higgs, que aportaría masa ás partículas subatómicas, axudando á nosa comprensión da material.
Anuncio do achado do Bosón Calixtino
Pero estas investigacións non só serviron para localizar partículas subatómicas, senón que tamén foron capaces de determinar a localización doutros obxectos difíciles de atopar, coma o desaparecido Códice Calixtino. Finalmente determinouse que estaba situado nun garaxe do Milladoiro, o que foi posible grazas á identificación dunha partícula que daremos en coñecer Bosón Calixtino ou Partícula de Deus.
Non sei a vós, para a min esta explicación paréceme mellor que a do electricista encabronado… 😀

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Os YouTurris

    Niko, o creador de Cálico Electrónico, anunciou hoxe a súa última movida, Los YouTurris, un esmendrelle político que por desgraza chega algo tarde, xa que estamos nos últimos días...
  • Un trailer chinés para incrementar o hype

    Por se non houbese expectación dabondo ao redor de El Poder de la Fuerza, chega un tráiler chinés con nova metraxe para por o hype polas nubes (ao carón da...
  • Melide celebra Manxares a vindeira fin de semana

    Esta semana escoitei na Radio Galega unha cuña na que citaban a Melide. Maaaandeeee?!?! Manxares?! Que é iso? Póñome a investigar… miro na web do Concello, e non din...
  • Darth Vader en Palomares!

    Levo tempo dicindo que confío en que este ano, cando chegue o 20D, algún friki dos que vaia disfrazado a ver El Despertar de la Fuerza ao cine pase antes polo...