Presentación en Compostela do segundo libro de Arantxa Serantes

Hai uns días Arantxa Serantes convidoume a acompañala á presentación do seu segundo libro, Objetividad, conocimiento y valores en la ciencia. Análisis del pensamiento filosófico de Ilkka Niiniluoto, editado...

Pensamiento e creatividade
Hai uns días Arantxa Serantes convidoume a acompañala á presentación do seu segundo libro, Objetividad, conocimiento y valores en la ciencia. Análisis del pensamiento filosófico de Ilkka Niiniluoto, editado a través de Meubook, e que terá lugar o vindeiro 25 de abril ás 20:00 horas na Sala Lucernario no 2º andar da Fundación Eugenio Granell (Santiago de Compostela).

Arantxa está licenciada en Humanidades, realiza investigacións no campo da Filosofía e ten o blog Pensamientos a Duermevela na páxina web de El Correo Gallego. Supoño que é algo que vén co apelido, porque David Serantes ten o seu blog en La Voz de Galicia. 😉
Tweetdesayuno
Ambos coincidiron hai pouco nun tweetdesayuno en Ferrol, actividade que debería estar prohibida, por atentar aos máis profundos valores internautas: non hai problema en intercambiar mensaxes tras a medianoite, pero como fales de madrugar durante unha fin de semana…
Vaia, que aparte de darlle á filosofía, Arantxa tamén está ben metida nas cousas estas da Internet (incluso ten formación niso que dan en chamar Community Manager), polo que supoño que a presentación do libro será tan amena e divertida como moitos outros encontros de frikis tecnolóxicos. ¿Alguén se anima a vir?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS