Esta mañá foi moi especial, pois os científicos do CERN convocaron a prensa de todo o mundo para facer un anuncio relativo ás súas investigacións realizados no seu colisionador de hadróns. Os experimentos dos últimos meses conseguiron achegarse á confirmación da existencia do campo de Higgs, que aportaría masa ás partículas subatómicas, axudando á nosa comprensión da material.
Pero estas investigacións non só serviron para localizar partículas subatómicas, senón que tamén foron capaces de determinar a localización doutros obxectos difíciles de atopar, coma o desaparecido Códice Calixtino. Finalmente determinouse que estaba situado nun garaxe do Milladoiro, o que foi posible grazas á identificación dunha partícula que daremos en coñecer Bosón Calixtino ou Partícula de Deus.
Non sei a vós, para a min esta explicación paréceme mellor que a do electricista encabronado… 😀
4 Xullo, 2012
Debe estar conectado para enviar un comentario.