¡Remata a guerra de Iraq!

A todos nos gustaría escoitar que o conflito armado en Iraq chegou á súa fin, e moitos norteamericanos puideron ler tal no xornal The New York Times na súa...

Edición Especial do The New York Times
A todos nos gustaría escoitar que o conflito armado en Iraq chegou á súa fin, e moitos norteamericanos puideron ler tal no xornal The New York Times na súa edición especial (que de pode descargar en formato PDF) na que inclúen moitas outras novas positivas (como que a educación universitaria pasa a ser de balde nos EE.UU. ou desculpas por parte de políticos), o que por desgraza non é máis que unha especie de broma… cuns recursos impresionantes, xa que puxeron en circulación milleiros de exemplares (¿máis de 1 millón?) coma se pode ver no seguinte vídeo:

A iniciativa é dos Yes Men a través da web Because We Want It, que serviu para mobilizar a voluntarios que se encargaron da elaboración e distribución do xornal de balde nas rúas de New York. E hai que admitir que facer unha web falsa é moi doado, pero distribuír un xornal de carallada ten moitísimo mérito.

Eu quería facer en España unha cousa semellante coa Interviú, pero non consigo que ningunha das presentadoras de La Sexta se despelote para a portada 😉

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS