Nome desafortunado: Heelys

Veño de ver na televisión o anuncio dunhas zapatillas deportivas que se poden empregar coma patíns engadíndolles rodas a xeito de tacón, pero que parecen un produto moi mal...

Veño de ver na televisión o anuncio dunhas zapatillas deportivas que se poden empregar coma patíns engadíndolles rodas a xeito de tacón, pero que parecen un produto moi mal comercializado se nos fixamos na marca baixo a que se venden en España así como a súa páxina web.
Heelys.es
Non entendo cómo unha web que se promociona a través dun anuncio de televisión pode ser tan cutre, pois comete moitos erros nefastos, coma forzar o tamaño do navegador, reproducir un vídeo na súa páxina de entrada sen pedirlle permiso ó usuario, chamarlle Heelers Blog a un foro (¿usarán a palabra blog porque queda ben

?), ter un sistema de menús que non funciona axeitadamente (os submenús agóchanse por detrás do vídeo de entrada), a páxina é máis lenta que un piollo con muletas e, finalmente, iso de heelys.es non parece un nome moi atinado pois, entre outras cousas, pronúnciase coma ghilis punto es.
¿Quen pode tomar en serio a unha marca así? ¿Alguén se pode sentir orgulloso de ter un calzado chamado ghilis? ¿E cómo lle chaman ós accesorios? ¿Poyash? Vendo que esas zapatillas deportivas se venden a entre 89 e 122 euros, coido que o adxectivo que definirá ós clientes da marca está moi claro.

Se os de Mitsubishi comercializaron o Pajero coma Montero nos países de fala hispana, e os de Axe lle chaman Lynx ós seus produtos en moitos países, ¿por qué os de Sport Conde non tiveron un pouco máis de tino ó lanzar unha forte campaña publicitaria?

zp8497586rq

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS