Esta semana está a saír en todos os medios o novo número da revista Elle, que conta como especial reclamo na súa portada cunha Elsa Pataky en remollo.
Que a revista Elle volva a apostar pola Pataky para chamar a atención paréceme ben, e que no seu interior faga unha reportaxe gráfica con varias das mulleres máis fermosas de España, todavía mellor, pero non acabo de pillar o obxecto da historia, xa que dende a publicación aseguran que as modelos Mónica Cruz, Patricia Conde, Blanca Romero, Ariadne Artiles, Leonor Watling, Laura Sánchez, Bimba Bosé, Natalia Verbeke, Eugenia Silva y Elsa Pataky posan desnudas “por unha boa causa: a defensa do recurso máis primordial para a vida do planeta”. ¿Perdón? ¿Onde está a boa causa?
A min o que me parece é que o único que fan as modelos en favor da auga despelotándose para a revista é provocar que os homes loiten contra a desertización cando lles cae a baba.
Tampouco poido deixar de comentar o lamentable que é que dende algún programa de televisión citen a 9 das 10 modelos para non dicir o nome de Patricia Conde. Si, traballa para a competencia pero, ¿é iso desculpa para manipular a información?
Se queredes ver as 10 fotografías, recoméndovos visitar o blog de TxAvA. Eu, pola miña banda, poño aquí as que me pareceron mellores:
– Laura Sánchez:
Non coñecía de nada a esta modelo, pero os chorros de auga caéndolle enriba quedaron moi ben. Paréceme a mellor foto de toda a reportaxe especial.
– Eugenia Silva:
A min esta imaxe me lembra a algo, pero non sei se sería á serie de Seaquest, á película de Johnny Mnemonic ou a outra frikada.
– Natalia Verbeke:
Quitando o artístico da fotografía, coido que Natalia Verbeke foi a rapaza que saíu máis guapa na revista.
– Blanca Romero:
Tampouco sei moi ben quen é a modelo Blanca Romero, pero esta fotografía non a podía deixar pasar porque creo que era a máis ilustrativa das 10, e se non miras á rapaza (xa sei que é difícil) resulta bastante inquedante. Sempre da mal rollito iso da auga por todas partes.
Visto todo iso, ¿de verdade é preciso que se teña que celebrar unha Expo da Auga para que as famosas saian en bolas? E aínda máis importante, ¿por qué a reportaxe sae nunha revista dirixida a mulleres? ¿O normal non sería que Man, Maxim, GQ ou FHM fosen as publicacións nas que se visen as imaxes?
Debe estar conectado para enviar un comentario.