As caralladas de Play-Doh

Hasbro leva moitos meses vendendo un xoguete da liña Play-Doh chamado Montaña de Pasteles, que parece que está a causar certa polémica nos EE.UU. no que entendo que é...

Montaña de Pasteles de Play Doh

Hasbro leva moitos meses vendendo un xoguete da liña Play-Doh chamado Montaña de Pasteles, que parece que está a causar certa polémica nos EE.UU. no que entendo que é un exceso por parte das mentes máis sucias, xa que ven algo onde non o hai, provocando a ter que redeseñar o xoguete e a ofrecer unha alternativa a un dos seus elementos no caso de que un consumidor o requira.

De que estamos a falar? Pois simplemente dunha especie de xiringa para expulsar plastilina dándolle forma. Visto así, co resto dos elementos da Montaña de Pasteis resulta totalmente inocente, pero a algún malpensado ocorréuselle sacar a peza de contexto, mirala con lupa, e imaxinar que é outra cousa:

play-doh_B6EPRR4IAAE6cW42

Visto así igual pode non parecer moi axeitado para un cativo, pero non deixa de ser ¡unha manga pasteleira de plástico! Só que ao redondear algúns elementos para facer o obxecto máis seguro para os cativos pode dar a entender que é outra cousa a un adulto, pero dubido moito que un neniño pensase niso, polo que non lle vexo problema algún ao xoguete. E vós? Tedes a mente sucia? 😉

Sospeito que nos EE.UU. máis dun vai facer broma co de Play-Doh (en España diríamos Play-Mosquis en plan Homer Simpson). 😀

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS