A polémica do día: Elsa Pataky

Non acabo de entender a polémica do día de onte nos medios de comunicación, pois o feito de que a Interviú publicase unhas fotografías de Elsa Pataky amosando os...

Elsa Pataky na InterviúNon acabo de entender a polémica do día de onte nos medios de comunicación, pois o feito de que a Interviú publicase unhas fotografías de Elsa Pataky amosando os peitos non me parece dunha especial relevancia.

Vale que o feito de que agora a actriz ameace con denunciar á revista (que se defende nun comunicado feito público) pode dar que falar, o feito é que non vexo que a cousa sexa para tanto.

¿Por qué digo tal? Pois simplemente porque a Pataky xa amosaba moito máis en películas coma Romasanta:
Elsa Pataky en Romasanta

Portada da revista Elle con Elsa PatakyIncluso engadiría que a revista Elle seguro que agradece a publicidade da suposta polémica, pois o número na que se ve a Pataky de costas na portada vai vender aínda que sexa só polo morbo.

De tódolos xeitos, aínda que nas televisións o tema dos peitos de Elsa Pataky non parase en todo o día, nas emisoras de radio a cousa parecía ben distinta, xa que discutían sobre temas tan irrelevantes como as declaracións de José María Aznar en Australia (nas que defendía a intervención armada en Iraq) ou falaban de asuntos tan serios como a discriminación dos homosexuais en Polonia. De tódolos xeitos, coido que é de agradecer que o corpo da Pataky faga deixar de lado asuntos coma o de De Juana ou a nova tendencia de remexer nas tumbas de personaxes do mundo do espectáculo.

fotografías de Elsa Pataky na InterviúPara rematar só engadiría que as imaxes que están a publicar de Elsa Pataky teñen certa definición e calidade, ou sexa, que non parecen estar feitas dende un teléfono móbil nin desde unha cámara a medio quilómetro de distancia.
Vaia, que non me sorprendería que todo fose unha montaxe que beneficiaría tanto ás revistas Elle e Interviú como á propia actriz involucrada (que está a acadar moita máis atención da que merece).

ACTUALIZACIÓN: Recomendo ler o que di Nacho Escolar ó respecto no seu blog.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS