¿Sabedes o que é Drank? Pois parece que é o contrario das bebidas enerxéticas, ou sexa, o anti-Red Bull, que parece que queren vender nos EE.UU. (dubido que cheguen a facelo) aínda que o que nos podemos preguntar é, ¿quen carallo vai querer beber iso? Ou mellor dito, ¿non hai outras bebidas que fan o mesmo efecto sen venderse en plan pijo? Creo que dende a tila ata o viño poderían servir para o mesmo.
O Drank é un refresco carbonatado con sabor a uva enriquecida con melatonina, raíz de valeriana e escaramujo (nin puta idea de cómo se lle chama a iso en galego, pero non ten nada que ver co escaramuxo). Segundo Sarah DiGregorio, a xornalista que falou desta bebida para The Village Voice, din que o Drank entra ben con vodka, pero coido que o vodka so xa chega para apalancar a un.
O mellor de todo é leitmotif do refresco parece ser o hip hop:
From design to production, every aspect of this calming drink was inspired by today’s popular hip hop artists who embrace the much sought-after hip hop lifestyle that encourages people to capture a stress-free state of mind.
Non sei a qué saberá, pero aos que inventaron o Drank non lles falta imaxinación.
Debe estar conectado para enviar un comentario.