Parece que o escándalo da cocaína lle fixo moita publicidade a Kate Moss, que é a modelo de máis éxito do mundo (cando menos no tocante á contratación publicitaria) e como expoñente temos agora que a web da marca de lencería Agent Provocateur está a ir máis lenta que un piollo con muletas por mor da súa última campaña publicitaria coa figura da modelo:
Como para ver o vídeo íntegro hai que visitar a páxina web de Agent Provocateur, o servidor parece non dar abasto, aínda que iso pode ser culpa de non contratar un servizo coma o de Akamai para evitar tal tipo de problemas (ou mesmo empregando YouTube ou Google Video). Polo menos agora a publicidade é doble, xa que tanto o lanzamento da campaña como a saturación da súa web son novas de interese, e deste xeito acadan moita repercusión.
Ademais, irán publicando os distintos vídeos promocionais paulatinamente (son un total de 4) polo que dosificarán a campaña con grande eficiencia.
Aínda así non é a primeira vez que Moss fai un vídeo sexy, pois xa facía de bailarina de strip-tease nun videoclip dos White Stripes:
De tódolos xeitos, de lembrar un anuncio de Agent Provocateur quedo mil veces coa que fixo hai un par de anos Kylie Minogue: