23 Xullo, 2007
Non, non falo da canción do verán, senón dunha nova canción para este verán, que aínda non é moi coñecida, pero que apostaría que vai saír na televisión nos vindeiros días porque está a comezar a saír nos blogs (aínda que xa leva un mes na Rede). Trátase de Suntrip do sueco Günther (e as súas Sunshine Girls):
Impresionantes os seus “hola, hola, rataratará” (¿escoitará o Carrusel Deportivo na SER?) ou o “mamma mia, give a sangría” (do banana slip mellor non falo). ¡Iso si que é facer unha canción para o verán!
O Günther parece ser un auténtico xenio estacional, pois o verán pasado tamén sacou o Tutti Frutti Summer Love e mesmo ten unha canción de Nadal (aínda que non ten nada que facer co Christmas is all around de Billy Mack).