Rodri publica o seguinte :
Porque eu não votei a Constituição do 78, porque não todos somos iguais ante a Lei, porque não creio nas instituições herdadas, reclamo o meu direito a exigir a instauração da III
IVRepública Espanhola.
Vaia, e eu teño que dicir que tampouco votei a Constitución de 1978, non estou conforme con que haxa persoas en España con inmunidade legal/penal e privilexios por pertencer a unha familia en concreto e tamén creo que estaría ben que se proclamase a III República, pero coido que para iso habería que agardar a ter un clima social que pida iso, e non un panorama mediático interesado coma o creado nas últimas semanas.
Cando se revisen os estatutos autonómicos, se vexa cara onde vai o conflito de ETA, quede claro que estamos nun Estado aconfesional e saibamos cal é o noso lugar en Europa poderemos comezar a pensar nun cambio que debería ir moito máis alá da eliminación da Monarquía. Cando se cambie a Carta Magna hai que ter claro a onde queremos ir. ¿Verán o cambio os meus ollos? Non o sei.
Ora ben, a xente que anda por aí a queimar fotos do Rei de España poderían deixar de facer o parvo, e se de verdade queren avanzar, que proben a queimar a cara do monarca nas moedas de 2 euros, que así aproveitan as súas tolerías para facer experimentos de química 😉
Debe estar conectado para enviar un comentario.