A Festa do Melindre decepcionoume

A Festa do Melindre e da repostería tradicional que tivo lugar hoxe en Melide decepcionoume bastante, non porque fose unha celebración da que realmente esperase algo especial, senón porque...

Feira do Melindre en Melide
A Festa do Melindre e da repostería tradicional que tivo lugar hoxe en Melide decepcionoume bastante, non porque fose unha celebración da que realmente esperase algo especial, senón porque coido que quedou totalmente eclipsada pola degustación do queixo máis grande do mundo, que durante toda a tarde estivo a saír nas canles de televisión estatais, mentres que a nosa festa nin sequera a vin na TVG (aínda que supoño que sairía algo durante a mañá).
Chicho estivo presente na Feira do Melindre coma todos os anosO que si me parece un acerto é que a celebración teña lugar na Praza do Convento en vez de no Pazo de Congresos e Exposicións, pois a localización é máis íntima, e vese moi favorecida coa ambiente de feira que hai os domingos na vila.
A min deume a impresión de que a media mañá había máis xente pola rúa que nun domingo de feira, pero sospeito que iso foi por contaxio da festa en Arzúa, pois coido que a celebración melidense contou con pouca promoción. Así, mentres nas emisoras de radio que escoito falaron do queixo arzuán varias veces durante a semana, de Melide só escoitei unha pequena mención grazas a Luis Alcalá, que tivo a ben pedir a Isidoro Valerio que comentase o evento en RadioVoz.
Pero admito que non son moi obxectivo coa Festa, porque para min os mellores melindres que hai en Melide non son os que venden Casa Tahona, Obradoiro Trisquel, Casa Melchora e Casa Estilo, senón os que fai miña nai. Esta fin de semana saíronlle de marabilla:
os melindres da miña nai
E non son eu o único que adoece por este doce na miña casa:
A Parrula adoece polos melindres
Ver á Parrula sen cara de tola ▼

De todos os xeitos, eu entendo que iso do melindre non é algo para o que reservar un día, e animo a calquera que pase por Melide a coller algúns para degustalos de postre na súa casiña (por sorte, consérvanse ben durante varios días) que é como prestan máis.
¿Qué hai melindres en máis vilas que en Melide? É certo, pero non sei qué é o que teñen os melindres melidenses que os fai especiais. ¿Será un fenómeno comparable ao polbo de Ezequiel?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS