III Xornadas de Anime FIC

A Facultade de Informática da Coruña acollerá do mércores ao venres desta semana as III Xornadas de Anime FIC: Eu admito que cando estaba na FIC si asistía ao...

A Facultade de Informática da Coruña acollerá do mércores ao venres desta semana as III Xornadas de Anime FIC:
cartel das xornadas
Eu admito que cando estaba na FIC si asistía ao Inforcine pero non ás sesións de anime (que xa as había antes de que se iniciasen as xornadas actuais), pois non acababa de entender iso de ver animación xaponesa nun proxector cando se parte dun DVD, pois está claro que agás obras puntuais, están pensadas para o seu consumo doméstico.
Iso si, a xornada do venres promete ser moi interesante (¿será para xustificar a solicitude de 1 crédito de libre configuración?), tanto pola conferencia inicial como pola exhibición da miña película de anime favorita, Ghost In The Shell. Aproveito para pedir que a segunda tempada da serie de televisión baseada na película se reedite en DVD (especialmente se o fan nun formato slim a 29,95 euros como a reedición da primeira tempada), pois levo 1 ano intentando adquirila e xa a pedín a DVDGo en 2 ocasións, pero nunca foron capaces de servirme o pack que agora xa etiquetan como descatalogado.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS