Estes días vin que por casualidade gardaba no disco duro un par de clips moi curiosos da efémera canle de televisión local compostelá Código TV, e déuseme por subilos a YouTube para que queden para o recordo. Os cortes os subín cunha calidade moi boa, de xeito que se poden ver en plan cutre incrustados nunha web ou con calidade chupi-guay dende a web do portal de vídeos de Google.
Para comezar, póñovos a entrevista que Carlos Gulías lle fixo a Don Pedro, quen falaba sobre a prohibición do tabaco en locais públicos, argumentando que iso era meterse coa liberdade das propias persoas. A peza é de obrigada visualización:
Xa por completar subín tamén o vídeo no que consultando sobre os matrimonios gais unhas señoras que coñece calquera que se mova por Área Central en Compostela deron a súa particular visión sobre os homosexuais, as bibianas e a política:
Eu tampouco votei nunca polo franquismo e tamén penso que vai haber unha bomba atómica 😛
Unha aperta dende aquí a todos os compañeiros de Código TV, que souberon dar vida a momentos televisivos difíciles de esquecer.