A edición norteamericana da revista FHM vén de publicar a súa listaxe coas 100 raparigas máis atractivas de 2007, quedando en primeiro lugar a fantástica Jessica Alba:
Flipper aparte, hai que recoñecer que Jessica Alba é unha actriz moi friki, pois se fixo popular na serie de televisión Dark Angel e consagrouse para o grande público cos Catro Fantásticos e Sin City. Debo entender así que entre os lectores de FHM hai moito friki de dios. Incluso me atrevería a dicir que é unha afirmación irrefutable se de entre a listaxe devandita atopamos a moitas outras mulleres que a primeira vista non pegan moito nas publicacións masculinas:
Vaia, é que o feito de que se colasen dúas actrices da serie Smallville nos postos 20 e 47 (nótase que Lois Lane tira máis que Lana Lang) xa é un indicador de peso, que sumado ó feito de que Morgan Webb (presentadora dun programa de televisión sobre videoxogos) xa crea un combinado explosivo que culmina coa presenza de Kristana Loken (a mala de Terminator 3 que agora protagoniza a serie baseada nun cómic, Painkiller Jane) e Ali Larter (unha das protagonistas de Heroes). ¡E só comento as mozas máis frikis! Porque hai moitas outras que tamén teñen relación con películas e series de televisión dignas de mención.
¿Queda claro agora que o friki vende? Se ó final vai resultar que os frikis somos un mercado tan atractivo coma o gai, e os patrocinadores pelexaranse por colocar as súas promocións en comics e videoxogos. ¿Imposible? Eu non apostaría nada…
27 Abril, 2007
Debe estar conectado para enviar un comentario.