Salva á porrista, salva ó portadista

A edición británica de FHM vén de lanzar unha edición especial con 4 portadas diferentes da serie Heroes: ¿É preciso que diga que xa encarguei a seguinte? Pois a...

A edición británica de FHM vén de lanzar unha edición especial con 4 portadas diferentes da serie Heroes:
as catro portadas de FHM
¿É preciso que diga que xa encarguei a seguinte?
Portada de FHM debuxada por Tim Sale
Pois a verdade é que a porrista en plan Jessica Rabbit e a fotografía de Masi con Hayden non me calaron tan fondo coma o debuxo de Tim Sale… ¡que é máis friki!
A edición especial da revista supoño que se replicará nos EE.UU., pero en España non se arriscarán nin a meter as reportaxes no interior da revista, porque aquí o seguemento de Heroes é moi desigual. Iso si, a Hayden Panettiere xa pode saír nas revistas esas sen problemas porque cumpriu os 18 anos este verán, aínda que non lle viría mal antes que lle entrase algo de sentidiño na cabeza.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS