En Australia están a publicar o seguinte anuncio:
¡Menudo xeito de fomentar a lectura! ¡Ah, non! ¡Que é un anuncio de roupa! Pois con iso de “lee” parece unha campaña en español para animar ós mozos a ler.
A verdade é que a imaxe é exemplar. ¿Por qué? Pois porque traza os lindes do que está permitido na publicidade, xa que provocou discrepencias nos organismos reguladores da publicidade nas nosas antípodas, posto que había xente que consideraba que o anuncio era sexualmente explícito (denunciábase coma semi-pornográfico) pero os reguladores determinaron (respondendo ós distintos argumentos esgrimidos) que a protagonista estaba totalmente vestida, que era claramente maior de idade, que unha imaxe dunha muller nunha pose atractiva non degrada ás mulleres, que a imaxes deste tipo non incitan ás violacións (pese ó que pensan algúns xuíces propios doutro tempo) e que, simplemente, os anunciante pretende provocar co anuncio, o que consideran lícito. Sen dúbida, un caso no gume da legalidade, que poderá ser todo un exemplo para as axencias de publicidade, aínda que eu prefiro lembrar frases como as da Bola de Cristal: “si no quieres ser como ellos, lee“.
12 Decembro, 2006
Debe estar conectado para enviar un comentario.