Onte comentaban en Chuza! que a web de La Voz estaba invadida por publicidade de Opel:
E si, a cousa parece excesiva, pero queda en nada se o comparamos coa publicidade da película Crepúsculo na web da revista Ragazza:
A publicidade de Crepúsculo en Ragazza ocupa o mesmo que a de Opel en La Voz, pero resulta que a metade dos recadros da película corresponden a vídeos, polo que resulta sumamente intrusivo e dificulta a lectura (aínda que non creo que haxa moito que ler na web de Ragazza).
Ah, e para os que non o saiban, a revista Ragazza vén de editar o seu derradeiro número, polo que é toda unha incógnita o que farán coa súa web. ¿A manterán coma soporte publicitario ou a pecharán sen máis?
Pero, ¿por qué falo realmente da publicidade na web? Pois simplemente para quitar de enriba o mosqueo que teño cun anuncio en concreto, que leva dous días perseguíndome, e do que estou farto (anuncia a web do Test de la muerte) non porque sexa unha chorrada, senón porque usa como reclamo unha risa que molesta cada vez que pasas o rato sobre o seu banner. ¡Un pesadelo! Se a invasión na pantalla xa é unha molesta, ¿cómo deberiamos chamar á invasión dos altofalantes? ¿Tocada de huevos?
Velaquí tedes o anuncio en acción:
¿Non o odiades a morte? E o peor de todo é que serve para promocionar unha web que agocha servizos de subscrición a través do móbil.
O que non entendo é cómo dende Google están a machacar ao personal cunha publicidade deste tipo, que deberían rexeitar por molesta e por promocionar unha web cun contido moi discutible.