Os comics e os debuxos animados veñen sendo obxecto de adaptacións cinematográficas nos últimos anos e así como as Tartarugas Ninja naceron no cómic e pasaron á televisión coma debuxos animados (para promover unha colección de bonecos de Bandai), logo chegaron á pantalla grande dando lugar á tartarugomanía e volvendo á televisión coma serie de acción real. Agora ameazan con volver ó cine co que promete ser unha espectacular película de animación en 3 dimensións:
Promete, promete moito, e chegará ós cines norteamericanos o 30 de marzo de 2007, polo que será un bo comezo dun 2007 no que outro personaxe podería rexurdir. Teño moitas esperanzas postas na volta de Superratón. E é que a serie orixinal do Superrato era dos anos 50, polo que volver a pórse de actualidade medio século despois ten o seu mérito, aínda que moitos medramos vendo como ese simpático superheroe nos incitaba a supervitaminarnos e hipermineralizarnos.
Na Rede xa se poden ver imaxes do Superrato, cunha expresión facial moi simpática, unhas texturas gráficas dignas dos Incribles de Pixar, e uns detalles orixinais coma un cuartel xeral no que incluso de pode ver a típica noria das xaulas para hamsters nas que se supón que se exercitaría o rato superpoderoso.
Tampouco esqueceron á moza do noso roedor favorito:
Pero, ¿qué sería dun superheroe sen un supervilán? Neste caso, en vez de superpoderes, o malvado o que ten é un tamaño moi superior, e supoño que só quererá zampar á moza do protagonista (polo que, no caso de que a secuestre, sería para almorzar coa ratiña… no prazo). Aínda que para opinar do carisma do malvado minino supoño que haberá que agardar a ver todas estas imaxes en movemento.
A nova película suponse que sairá en 2007, aínda que como non se veu ningún teaser supoño que o proxecto está algo verde. Crucémolos dedos para agardar que a cousa saia ben, e teñamos un produto audiovisual digno dunha figura que forma parte da cultura televisiva de moitos, chegando á altura de Bugs Bunny, aínda que en realidade sería máis comparable a Maguila Gorila, o Lagarto Juancho ou mesmo Hong Kong Phoooey, pero se eu teño que elixir, quedo co roedor e a típica pregunta: nunha pelexa quen gañaría, ¿Superman ou Superrato?
Debe estar conectado para enviar un comentario.