Thor tamén terá serie de debuxos animados

Non sei o que lles está a dar aos de Marvel nos últimos meses pero non paran de anunciar proxectos de animación, o que parece que é o seu...

Thor animado
Non sei o que lles está a dar aos de Marvel nos últimos meses pero non paran de anunciar proxectos de animación, o que parece que é o seu xeito de complementar ás películas de acción real que sairán nos cines durante os vindeiros anos (por fin unha editorial de comics fai lanzamentos estratéxicos a medio e longo prazo), pero me sorprendeu bastante que hoxe anunciasen unha serie do poderoso Thor, o deus nórdico do trono, principalmente porque me parece un personaxe bastante adulto (especialmente na súa serie de comics en curso). Vaia, que facer unha serie de Thor para min ten tanto sentido como levar a Conan a debuxos animados para cativos… o que non é preciso que me lembredes que se fixo hai anos.
A futura serie estará composta por 26 episodios de media hora, e está prevista para o outono de 2010, despois de que no anterior verán vexamos a un Thor de carne e oso na pantalla grande. Só espero que ningunha das películas de Marvel pegue un pinchazo brutal, porque podería rachar con esta cadea de estreas entrelazadas (xa hai proxectadas series de animación dos Vingadores, Iron Man, Marvel Super Heroes Squad e Panteira Negra, á vez que está en curso unha de Lobezno e os X-Men).
Eu, polo momento, quedo coa dúbida de cómo será a serie de animación do deus do trono, porque a imaxe que publicou Marvel (e acompaña a este texto) non ten moita pinta de servir para unha animación fluída, polo que entendo que só se trata de material promocional que nada ten que ver co produto final (¿ou terán os huevos de facer unha serie en plan As Guerras Clon?).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • San Diego Comic-Con, tráilers a mogollón

    Unha ano máis a Comic-Con de San Diego confirmou que xa non é un evento centrado na banda deseñada, senón na industria do lecer en xeral, de xeito que...
  • Unha semana para Wonder Woman

    A primeiros de mes estreouse nunha chea de países o filme de Wonder Woman, polo que levo moitos meses esperando con ilusión, principalmente para poder comprobar se queda esperanza...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • Supergirl promociona o filme de Wonder Woman

    A pasada noite a serie de televisión de Supergirl despediu a súa segunda tempada, e aproveitaron a ocasión para facer publicidade do novo filme de Wonder Woman protagonizado por...