-
Nos últimos días non podo máis que agradecer o apoio que están a amosar moitos medios de comunicación ao noso traballo na revista Código Cero. Así, a semana pasada, dende Culturagalega.org tiveron a ben contactar comigo para dar a miña opinión sobre o estado das aplicacións móbiles en Galicia...
-
Onte tiven a fortuna de poder asistir ao segundo aniversario da LaconNetwork en Arteixo, no que foi unha das mellores edicións do encontro, aínda que igual cun formato que está un tanto afastado do aire informal deste tipo de eventos, pero do que coido que gozamos todos os participantes...
-
Cando falo por teléfono coa miña nai teño o costume de ir ata a galería do salón para mirar a rúa, e esta noite puiden ver unha desas situacións típicas en calquera cidade, pero que me indigna especialmente, pois no meu barrio leva tempo sendo un problema grave a...
-
O pasado verán comentei que o meu irmán Xurxo participara na gravación dun programa de Cifras e Letras (TVG) e finalmente emitiuse hoxe, polo que xa podemos dicir moi alto que volveu o ferrado: A mensaxe coa que pechou o meu irmán o programa parece un tanto críptica, pois...
-
A pasada noite en V Televisión tivo lugar un debate sobre o peche de Megaupload no que interviron Pancho Casal (Continental) e Javier Pedreira Wicho (Microsiervos), con achegas moi interesantes por ambas partes: Agradécese que en Vía V tratasen o tema, especialmente nun día no que a actualidade esta...
-
Estes días está a falarse moito da obsolescencia de modelos de negocio coma o do cine ou a música co gallo do peche dos servidores de Megaupload, pero o certo é que a tecnoloxía está a afectar a moitas outas cousas que antes considerabamos cotiás, como amosan nun esaxerado...
-
Esta mañá tiven a fortuna de coincidir con Víctor Salgado, Javier Pedreira, Isidoro Valerio e Manuel Cristobal no programa Voces de Galicia de RadioVoz para falar o que está a pasar con Megaupload (a falta do servizo, tamén subín a gravación a Mediafire): Se ben quedaron moitos temas por...
-
O peche de Megaupload, Megavideo e servizos asociados (polo momento Megatrón e MegaMan están a salvo), como era previsto, converteuse en tema a abordar por moitos medios de comunicación, especialmente pola popularidade desta plataforma de compartición de ficheiros en España. Na TVG tamén fixeron referencia ao asunto no Telexornal:...
-
O pasado sábado tiven a fortuna de visitar o programa A Revista Fin de Semana da TVG para falar do 10º aniversario da edición impresa da revista Código Cero, o fenómeno das redes sociais e a iniciativa para conseguir un dominio para a lingua e a cultura galegas: Pero...