«¡Volveu o ferrado!»

O pasado verán comentei que o meu irmán Xurxo participara na gravación dun programa de Cifras e Letras (TVG) e finalmente emitiuse hoxe, polo que xa podemos dicir moi...

Xurxo cos presentadores de Cifras e Letras
O pasado verán comentei que o meu irmán Xurxo participara na gravación dun programa de Cifras e Letras (TVG) e finalmente emitiuse hoxe, polo que xa podemos dicir moi alto que volveu o ferrado:

A mensaxe coa que pechou o meu irmán o programa parece un tanto críptica, pois vén dunha expresión do meu pai, quen mentres Xurxo non sacaba as oposicións de primaria chamábao profesor de ferrado 😉

Aproveito a ocasión para desculpar publicamente ao profesor Mira por chamarme Carlos Ballesteros, co que compartía a subdirección da revista Código Cero (ou sexa, que foi unha metedura de zoca comprensible), á vez que non podo evitar agradecerlle todas as veces que atendeu ás nosas preguntas sobre os seus proxectos (entre os que destaca a organización do Programa ConCiencia) e os desfiles de camisetas divertidas.
Tamén teño que admitir que, tras a sorpresa de atopar a María Canosa durante a gravación do programa (foi antes de que se fixera público que Yolanda Castaño abandonara Cifras e Letras), quedei aínda máis abraiado pola súa amabilidade. Con xente así dá gusto.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS