Momento grúa en Matogrande

Cando falo por teléfono coa miña nai teño o costume de ir ata a galería do salón para mirar a rúa, e esta noite puiden ver unha desas situacións...

Cando falo por teléfono coa miña nai teño o costume de ir ata a galería do salón para mirar a rúa, e esta noite puiden ver unha desas situacións típicas en calquera cidade, pero que me indigna especialmente, pois no meu barrio leva tempo sendo un problema grave a xente que aparca onde lle sae dos collóns mentres van tomar unhas copas, sen importar se están sobre unha mediana, bloquean un garaxe ou impiden circular por unha rúa. Esto último foi o que pasou xusto na esquina na que vivo, e 2 coches moi considerados aparcaron máis adiante da zona estipulada, estreitando a vía de xeito que é case imposible circular sen axuda externa, e dando lugar a unha escena patética:

Porque é triste que houbese coches pitando durante media hora, chamasen á Policía Local, chegase a grúa e estivese intentando mover un dos vehículos mal estacionados durante outra media hora para que aparecesen os propietarios, case consternados polo que vían que estaba a acontecer. Pero non digo iso gratuitamente, pois hai que pór os sucesos no seu contexto:
Coches mal aparcados en Matogrande
E con contexto refírome que á altura da última farola que pode verse na fotografía está a entrada dun aparcadoiro público.
Aparecen os donos
Vaia, que me parece a hostia que quen se poida permitir un coche descapotable non poida pagar 2 euros no parking.
Para máis inri o aparcadoiro foi unha esixencia veciñal durante unha década, e agora que está construído, o público (agás os que van ao Eroski) non o usa, provocando problemas de viabilidade económica para concesionaria e non resolvendo o problema do tráfico na zona. 🙁

Aos 3 coches mal estacionados xunto aos multados non lles puxeron receita ningunha, pois aínda que estaban en curva, non molestaban a estas horas. Ou sexa, que quedou claro que non había afán recadatorio na intervención da Policía Local e do servizo da grúa, por se a alguén lle dá por pensar mal.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Os YouTurris

    Niko, o creador de Cálico Electrónico, anunciou hoxe a súa última movida, Los YouTurris, un esmendrelle político que por desgraza chega algo tarde, xa que estamos nos últimos días...
  • Un trailer chinés para incrementar o hype

    Por se non houbese expectación dabondo ao redor de El Poder de la Fuerza, chega un tráiler chinés con nova metraxe para por o hype polas nubes (ao carón da...
  • Melide celebra Manxares a vindeira fin de semana

    Esta semana escoitei na Radio Galega unha cuña na que citaban a Melide. Maaaandeeee?!?! Manxares?! Que é iso? Póñome a investigar… miro na web do Concello, e non din...
  • Darth Vader en Palomares!

    Levo tempo dicindo que confío en que este ano, cando chegue o 20D, algún friki dos que vaia disfrazado a ver El Despertar de la Fuerza ao cine pase antes polo...