A polémica de Megaupload en RadioVoz

Esta mañá tiven a fortuna de coincidir con Víctor Salgado, Javier Pedreira, Isidoro Valerio e Manuel Cristobal no programa Voces de Galicia de RadioVoz para falar o que está...

Víctor Salgado, Javier Pedreira, Isidoro Valerio e Manuel Cristobal
Esta mañá tiven a fortuna de coincidir con Víctor Salgado, Javier Pedreira, Isidoro Valerio e Manuel Cristobal no programa Voces de Galicia de RadioVoz para falar o que está a pasar con Megaupload (a falta do servizo, tamén subín a gravación a Mediafire):


Se ben quedaron moitos temas por tratar (como a ameaza que supón para a Rede que os EE.UU. poidan manipular o sistema de DNS segundo os seus intereses), pareceume moi interesante o contraste de pareceres e as distintas perspectivas nas que abordamos o tema de Megaupload.
Foi especialmente agradable escoitar a opinión de Manuel Cristobal, que amosouse moi aberto, algo pouco habitual dende o sector audiovisual. Aproveito a ocasión para desexarlle moita fortuna coa última produción de Perro Verde Films, Engurras, que estréase comercialmente o vindeiro venres, e que incluso está a xogar forte na carreira polos Oscars (na categoría de Animación). Velaquí un pequeno adianto da obra que poderamos ver dobrada ao galego:

Eu espero ir vela ao cine nos primeiros días (pois este tipo de películas duran en cartel un suspiro). Agardemos que conte cunha boa distribución internacional, pois apostaría algo a que vai funcionar moi ben en países como Francia e Xapón, mentres que en España seguimos a dar as costas á animación como xénero que vai máis aló do público infantil.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS