-
No informativo do mediodía en V Televisión emitiron unha reportaxe sobre o fenómeno dos tablets como dispositivos que poderían ameazar ao PC, o que non me parece que sexa unha postura moi realista a curto prazo, por múltiples motivos. Iso si, a nova non comezaron con moi bo pé...
-
Esta mañá fixen unha breve intervención no programa Galicia por Diante da Radio Galega sobre a privacidade na Internet co gallo do anuncio de Facebook de que vai plaxiar descaradamente o sistema de Google+ para compartir contidos, ou sexa, que vai facer doado definir quen pode ver o que...
-
Para moitos buscar a Wally entre moreas de xente era todo un divertimento, pero hoxe propóñovos buscar ao robot cinematográfico Wall·E: Sei que é moi doado atopar á cativa criatura robótica de Disney, pero o que me fixo graza deste poster (que en breve estará dispoñible para a súa...
-
A última dose diaria de Alberto Montt é todo un puntazo super-friki ao ilustrar cómo sería un grafiteiro de códigos QR: Calquera día atopo un código deses pola rúa e comprobo o que pon (como curiosidade, no expositor das bibliotecas municipais durante Viñetas desde o Atlántico tiñan un código...
-
Cando a finais de marzo chegou ás tendas a Nintendo 3DS a un prezo de 249 euros, había unanimidade en que tal prezo estaba pensado só para early adopters que quixeran facerse coa consola nos primeiros meses (cando aínda habería poucos xogos) e que, atendendo a outros precedentes, o...
-
En decembro de 2008 a páxina web Xornal.com facía a súa segunda achega ao papel, desta volta con periodicidade diaria, no que no seu día considerei como unha decepción, pola súa maquetación aburrida, unha estratexia que parecía fuxir da Internet (que foi a peor menos dun ano despois, cando...
-
A imaxe estereoscópica coñecida vulgarmente por 3D (pese a non selo) leva moito tempo entre nós, pero o fenómeno da película Avatar e dispositivos como a Nintendo 3DS están a levar a moitas compañías a avanzar neste ámbito, entre as que destaca a surcoreana LG, que por unha banda...
-
Esta semana está a resultar dixitalmente intensa para o xornal La Voz de Galicia, pois o pasado xoves botou a andar a plataforma de distribución dixital Kiosko y más, de xeito que podemos acceder a unha versión en PDF enriquecida do xornal galego dende a web ou dispositivos como...
-
O programa Reporteiros da TVG fixo o pasado sábado un achegamento ás repercusións que a Internet está a ter sobre a prensa tradicional, xuntando nunha mesma peza distintos puntos de vista que van dende o quiosqueiro ata o director de Google España, pasando polos responsables de distintos xornais galegos:...